Crónica del sur de Lugo

Aberto o prazo de recepción de ideas para o cartel da XL Feira do Viño de Amandi

• O prazo de presentación de deseños para o concurso de carteis remata o 15 de febreiro

Foto de arquivo do cartel gañador da pasada edición co seu autor, Rodrigo Coucheiro. GPCS

Sober busca ideas para o cartel da que será a edición número 40 do seu evento máis emblemático, a Feira do Viño de Amandi. Con este motivo, o Concello convoca o xa tradicional Concurso de Carteis, que premiará ao traballo gañador con 600 euros en metálico. A convocatoria está aberta a todos os cidadáns, de dentro e fóra de Sober, que teñen ata o 15 de febreiro para enviar as súas propostas gráficas.

COMO PRESENTAR OS TRABALLOS
Co fin de dar cabida a novos creadores, non se aceptarán traballos asinados por persoas que teñan gañado o concurso cando menos en dúas ocasións. Polo demais, aceptaranse todos os deseños que recollan o espírito da Feira do Viño de Amandi, tendo en conta tamén as singularidades da tradición vitivinícola e do patrimonio e cultura de Sober.Como elemento obrigatorio, cada cartel incluirá a lenda “XL Feira do Viño de Amandi. Festa de Interese Turístico.Sober”, coa data de celebración e a indicación da web do concello.
Os traballos, de técnica libre, presentaranse en formato ríxido A3, en sobre pechado co lema do cartel, e nun sobre aparte incluiranse os datos persoais e de contacto do autor. As entregas remitiranse á Casa do Concello de Sober, por correo postal ou en persoa.
A XL Feira do Viño de Sober celebrarase o 4 e 5 de abril. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio