Crónica del sur de Lugo

Abren unha residencia para mascotas na Pobra do Brollón

•A metade do proxecto financiouse cunha achega do GDR Ribeira Sacra-Courel

Os promotores da residencia canina Kükay de Brollón recibiron a visita do delegado da Xunta na provincia, o 9 de xaneiro. GPDTL

A iniciativa emprendedora no sur de Lugo vén de materializarse nun novo servizo orientado ao benestar animal. A comezos de ano, abriu na Pobra do Brollón a residencia canina e felina Kükay, posta en marcha pola emprendedora Xenia Monterde. O proxecto contou cunha axuda do GDR Ribeira Sacra-Courel, por importe de 41.300 euros, que cubriu o 48,5% do orzamento do proxecto.
Este centro, o único que ofrece este servizo no municipio da Pobra, permitiu consolidar o posto de traballo da promotora e xerar outro emprego a media xornada. O delegado da Xunta visitou a residencia, e salientou a importancia das axudas dos GDR «para diversificar a economía local e xerar emprego».
A residencia Kükay dispón de 5.000 metros cadrados de superficie para que os animais poidan correr, ademais dunha pista de agility e outras dúas zonas de xogo.
Xunto ao servizo de residencia para cans e gatos, as instalacións contan cun centro de cría canina. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio