Crónica del sur de Lugo

182.000 euros provinciais para o abastecemento dunha parroquia do Saviñao

• A achega da Deputación financiará a rede de auga de Santa María de Marrube, con previsión de quedar rematada en agosto

A sinatura do convenio entre o presidente da Deputación, José Tomé, e o alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, tivo lugar o 27 de decembro. GPDL

As infraestruturas de servizos no rural do Saviñao contarán cunha mellora na primeira metade deste ano. Antes de que rematara 2019, quedou asinado o convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e o Concello do Saviñao para a construción da rede de abastecemento de auga da parroquia de Santa María de Marrube. O convenio, dotado con 182.000 euros aportados polo organismo provincial, foi corroborado polo presidente da Deputación, José Tomé, e o rexedor do Saviñao, Juan Carlos Armesto.
En virtude do acordo, o Concello comprometeuse a ter executada a obra antes do 31 de agosto deste ano. A aportación do Consistorio incluirá a achega dos terreos, a elaboración das memorias técnicas, e a xestión dos permisos e autorizacións.
Dende a Deputación lembraron que esta «vontade de colaboración con Concellos» continuará en 2020, a través dos máis de 20 millóns do Plan Único.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio