Monforte e O Saviñao, entre os enclaves culturais do Festival internacional Pórtico do Paraíso

•Este ciclo de música clásica inclúe por vez primeira localizacións na provincia de Lugo •O 7 de marzo, celebrarase un concerto na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, e o 13 a música desprazarase á igrexa de Santa María da Régoa, en Monforte

A presentación do 13º Festival Pórtico do Paraíso tivo lugar en Monforte o 8 de xaneiro, coa presenza dos responsables institucionais e da organización. GPDL

O sur de Lugo será escenario, por vez primeira, do Festival internacional Pórtico do Paraíso, que leva doce anos ofrecendo na provincia de Ourense concertos de música clásica a cargo de reputados intérpretes internacionais. No mes de marzo, Monforte e O Saviñao será as primeiras dúas sedes do Festival fóra de terras ourensás, logo de que a Deputación de Lugo se sumara á colaboración con este festival, cunha achega de 12.000 euros. A decisión de colaborar baseouse, segundo o presidente do organismo provincial, José Tomé, na idea que ten o festival “de unir o mellor da música clásica e o mellor do patrimono arquitectónico, e que mellor lugar que a Ribeira Sacra”.
O MELLOR DA MÚSICA CLÁSICA EN ESCENARIOS INCOMPARABLES DE LUGO E OURENSE
O 6 de marzo comezará o festival, coa actuación da Escolanía de Segovia no Templo da Vera Cruz, no Carballiño. O 7 de marzo terá lugar o primeiro concerto en terras lucenses, a cargo do arpista Andrew Lawrence-King, que terá como escenario a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, no Saviñao. O día 8, o festival volverá a Ourense, co concerto de violín de José Manuel Álvarez, na igrexa de Santo Anxo.
De novo na provincia de Lugo, o 13 de marzo celebrarase na igrexa monfortina de Santa María da Régoa o concerto de viola, violín e acordeón a cargo do trío Kosmos Ensamble. O Festival Pórtico do Paraíso rematará o día 15, coa actuación de Víctor Villagandos no Liceo de Ourense.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Vitoria local nunha nova fase da liga galega de Pitch&Putt celebrada no Club de Golf Río Cabe

Seguinte Nova

Ribas de Sil sumará un novo servizo de conciliación coa apertura dunha casa-niño

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: