Crónica del sur de Lugo

Vitoria local nunha nova fase da liga galega de Pitch&Putt celebrada no Club de Golf Río Cabe

A terceira proba da liga galega de parellas disputouse no campo de Monforte o 11 e 12 de xaneiro. FC

A liga galega de parellas de Pitch&Putt completou a terceira proba no campo monfortino Río Cabe e vitoria local.

CLASIFICADOS SCRATCH
A proba, celebrada na fin de semana do 11 e 12 de xaneiro, tivo como vencedores scratch á parella integrada por Manuel Sánchez Varela e José Luis Sánchez González, que remataron con 48 golpes. O segundo posto decidiuse tralo empate entre os mariñáns Sergio Carballo e Emilio Galán, e os locais José Ángel Pérez Reñones e Juan Rodríguez Ferreiro. A igualdade resolveuse co mellor handicap, o que deu vantaxe á parella de Carballo e Galán, do Club Terra das Mariñas Golf.
RESULTADOS EN HANDICAP
O dúo das Mariñas fíxose co triunfo na modalidade hándicap, logo de resolverse o empate coa parella formada por Miguel Anxo Gómez e Darío Martínez, do Río Cabe e que rematou segunda, e a de Mª Eugenia Martínez Oriola e Juan Carlos Lois Fernández.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio