Crónica del sur de Lugo

O CB Sarria organizou un clinic a cargo do adestrador ferrolán Pérez Caínzos

A aula formativa desenvolveuse no Pavillón Novo Chanto, o venres 3 de xaneiro. (Foto: CB Sarria).

Preto dunha trintena de adestradores de toda Galicia participaron en Sarria no clinic de baloncesto que impartiu o ferrolán Antonio Pérez Caínzos. O adestrador conta con experiencia en ACB, LEB Ouro e na selección chinesa. A actividade, organizada polo CB Sarria e o Concello, tivo o apoio da Federación Galega e a Vicepresidencia da Deputación.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio