Licitadas as obras da primeira fase do desdobramento en autovía do corredor Sarria-Nadela

As obras comezarán a mediados deste ano

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou a licitación das obras da VAP Sarria-Nadela o 13 de xaneiro. GPXG

A conversión en autovía do corredor Sarria-Nadela está máis próxima. A Xunta licitou este mes as obras da primeira fase, que arrancarán a mediados de 2020. Segundo precisou en rolda de prensa a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, as empresas teñen ata o 17 de febreiro para presentar as ofertas dun proxecto que ten un prazo de execución de 24 meses. O investimento é de 24,6 millóns de euros, dos que 3 xa están reservados nos Orzamentos da Xunta para este ano.
Na terceira semana de xaneiro, convocouse aos propietarios das 72 parcelas afectadas, situadas nos concellos do Páramo e Sarria, para o levantamento das actas previas á ocupación. Esta afectación supón un importe de 257.000 euros.
O primeiro paso para a construción da primeira autovía autonómica da provincia materializarase en 11,5 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria Centro. O proxecto inclúe a execución dunha nova calzada paralela pola marxe esquerda, sentido A Pobra, ademais de adaptar os enlaces e pasos inferiores. O resultado será dúas calzadas con dous carrís por sentido. Este treito de autovía contará con valla reforzada para evitar a presenza do xabaril na estrada, e renovarase a xa existente.
A conselleira xustificou a elección deste tramo pola orografía e a intensidade de tráfico, que chega a rexistrar 7.450 vehículos ao día.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberta a inscrición de reservas para os catamaráns da Deputación

Seguinte Nova

Ata o 16 de febreiro para presentar proxectos empresariais ao VI Concurso Semente Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: