Crónica del sur de Lugo

Aberta a inscrición de reservas para os catamaráns da Deputación

As rutas fluviais polo Miño e o Canón do Sil arrancarán o 4 de abril

As rutas fluviais en catamarán son un dos máis importantes atractivos para os visitantes que se achegan á Ribeira Sacra. GPDL

O pasado 3 de xaneiro, a Deputación abriu o prazo para facer reservas nas rutas fluviais en catamarán polo río Miño e o Canón do Sil. As rutas comezarán o 4 de abril, o sábado anterior á Semana Santa.
Con este fin, está dispoñible a Central de Reservas, que permite gardar ou comprar billetes, ademais de ofrecer todo tipo de información. A Central permite reservar on line as 24 horas do día en reservas.rutasembalses.es. De luns a venres, a Central de Reservas atende solicitudes a través do teléfono 982 260 196 ou do enderezo catamaranes.turismo@deputacionlugo.org, en horario de 9:00 a 14:30 horas.
No Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, tamén se ofrece atención personalizada a cargo dos profesionais do departamento de Turismo, nas oficinas situadas na primeira planta.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio