Crónica del sur de Lugo

Sober estrea catro novas zonas de lecer en parroquias

• Investíronse 40.000 euros en total

A nova área de ocio para nenos e maiores que o Concello instalou na parroquia soberina de Neiras. GPCS

O Concello de Sober vén de aumentar o número de espazos recreativos e de lecer no rural, con instalacións para adultos e cativos. A comezos de novembro, quedaban listas para o seu uso catro áreas de ocio na parroquia de Santiorxo, no núcleo de Casaniño en Santa Cruz de Brosmos, e nos núcleos da Vacariza e A Venda, en Neiras. Estes espazos contan cunha zona biosaudable para usuarios adultos, e un parque infantil.

COFINANCIADOS POLO CONCELLO E O GDR
Segundo explicaron dende o Goberno local, o conxunto das obras supuxeron un investimento de 40.000 euros, financiado a medias polo Concello de Sober e o Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra- Courel.
Con estas novas actuacións, o Concello de Sober suma seis espazos de lecer de recente construción. Hai pouco, o Consistorio habilitou áreas similares en Matamá e no Barrio de Figueiroá. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio