Crónica del sur de Lugo

Pantón acollerá unhas xornadas para formar a axentes turísticos en inclusión e accesibilidade

•A primeira fase será o 23 e 24 de novembro, con sesións teóricas e visitas a puntos de interese

Imaxe de arquivo da presentación, en setembro, das xornadas formativas sobre turismo inclusivo na Ribeira Sacra. GPXG

A finais de novembro, Pantón será a sede dunhas xornadas formativas, destinadas a axentes turísticos. Baixo o título “Patrimonio e Turismo inclusivo na Ribeira Sacra”, a primeira fase destas xornadas desenvolverase en Pantón durante a fin de semana do 23 ao 24 de novembro. A iniciativa está organizada polo Ateneo de Pontevedra, co patrocinio do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta e a colaboración do Concello de Pantón.
Segundo explicaron dende a organización, as xornadas pretenden formar a axentes turísticos, da Ribeira Sacra ou doutras zonas, e dotalos de competencias coas que ofrecer produtos e servizos accesibles e inclusivos.
A xornada do sábado 23 de novembro abrirá con dúas sesións sobre discapacidade física e intelectual, para continuar cunha visita de estudo a Adegas Moure e ao Paseo Fluvial polo río Miño.
Xa o domingo, exporanse os casos dos produtos “Sentir o mar” e “Sensea”, como exemplos de turismo, inclusión e xestión turística. A continuación, está prevista unha visita guiada ao Mosteiro do Divino Salvador.
As xornadas de Pantón terán unha segunda fase en 2020, para diagnosticar a Ribeira Sacra en termos de inclusión, e para elaborar novas propostas turísticas.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio