Cheo na Casa da Cultura de Pantón na charla sobre a avespa velutina

Lolo Andrade ofreceu a charla no salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira. GPCP

O Concello de Pantón vén de organizar unha charla informativa para a veciñanza sobre o problema da avespa asiática, que despertou gran interese entre a veciñanza. Na tarde do xoves 7 de novembro, a Casa da Cultura de Ferreira encheuse de veciños e veciñas durante a charla impartida por Lolo Andrade.
PREPARAR TRAMPAS E RECOÑECER EXEMPLARES
O relator explicou aos asistentes o método e as práticas de trampeo para capturar exemplares desta especie invasora. Andrade explicou como preparar diversos tipos de trampas, e deu as claves para saber distinguir os exemplares de avespa asiática e os seus niños.•

A charla despertou gran interese entre a veciñanza, que encheu o aforo da Casa da Cultura pantonesa. GPCP

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta investirá 200.000 euros en Bóveda para a recuperación de terras baldías

Seguinte Nova

Pantón acollerá unhas xornadas para formar a axentes turísticos en inclusión e accesibilidade

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: