Crónica del sur de Lugo

Completada a primeira fase da actividade “Coñece o teu Camiño”, organizada polo Concello da Pobra do Brollón

Os participantes na quinta etapa do roteiro “Coñece o Teu Camiño”, á súa chegada a Penasillás. (Foto: Cedida GPCPB-/ Autora: Rocío Peruchela)

O Concello da Pobra do Brollón ten en marcha a actividade “Coñece o Teu Camiño”, para realizar o itinerario xacobeo dende A Pobra ata Compostela en 10 domingos. O 27 de outubro quedou completada a primeira fase deste proxecto sociocultural, co remate en Penasillás da quinta etapa. O roteiro botou a andar en setembro, e voltará con outras cinco etapas en marzo de 2020, para evitar os meses de inverno.

POTENCIAR O CAMIÑO DE INVERNO
Segundo informaron dende o Concello da Pobra, a media de participación nesta primeira fase foi de 40 persoas por etapa, a maioría veciños do municipio, aínda que tamén houbo camiñantes procedentes de concellos limítrofes. O alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda, salientou “o éxito” desta primeira quenda de andainas xacobeas, iniciativa que se suma ao “traballo que vimos facendo dende hai anos para potenciar o Camiño de Inverno como un dinamizador económico para o noso municipio”. Nesta liña, Maceda lembrou que “estamos procurando a creación dun albergue na Pobra”, co fin de que “os peregrinos paren e o Camiño teña máis repercusión na nosa comunidade”.

ACTIVIDADE GRATUÍTA QUE VOLVE NO MES DE MARZO
De cara ás etapas que se desenvolverán a partir de marzo de 2020, dende o Concello da Pobra lembraron que a actividade, organizada dentro do programa da Xunta “O Teu Xacobeo”, é gratuíta. Os participantes disporán de bus gratis ida e volta e guía oficial, e realizarán unha visita de tarde a algún punto de interese turístico da contorna. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio