Crónica del sur de Lugo

Paradela centrou os actos do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

Entre os presentes, o secretario xeral de Política Lingüística, xunto ao alcalde de Paradela, José Manuel Mato; a alcaldesa de Guntín, María José Gómez; e o crego e musicólogo, Xesús Mato, no acto organizado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, o 31 de outubro. GPXG

Paradela foi o centro das celebracións do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, durante a xornada do 31 de outubro. Na véspera do Día de Todos os Santos e de Defuntos, o cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño e a Casa Consistorial acolleron os actos organizados pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, coa colaboración de diversos concellos e a Consellería de Cultura e Turismo.

SAN FACUNDO DE RIBAS DE MIÑO, O ÚNICO CEMITERIO DE GALICIA CON TODAS AS LÁPIDAS EN GALEGO
Cómpre destacar que o cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño é o único de Galicia que ten todas as lápidas escritas en galego. Isto foi posible por iniciativa dos veciños, co apoio do crego e musicólogo Xesús Mato, que decidiron redefinir o cemiterio, unificando o deseño das lápidas, a tipografía das inscricións e o idioma no que ían escritas.

“EN GALEGO, AGORA E SEMPRE
Xunto a Mato, estivo nos actos de Paradela o alcalde, José Manuel Mato, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen lembrou “a todos aqueles que nos precederon e nos legaron a lingua propia de Galicia”. O responsable autonómico aproveitou para “animar a todos os bos e xenerosos a sumarse á iniciativa En Galego, Agora e Sempre, para que a lingua que nos identifica en vida se empregue tamén nas celebracións funerarias”. •

O cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño é o único de Galicia con todas as inscricións funerarias escritas en galego, por iniciativa do crego e musicólogo Xesús Mato. GPXG

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio