Crónica del sur de Lugo

O Concello de Bóveda inicia un ciclo de charlas con consellos para evitar roubos, aforrar na luz ou ter máis calidade de vida en casos de dependencia

• O ciclo comezou o día 13, e prolongarase ata o 4 de decembro

Imaxe da primeira das charlas celebrada en Bóveda o 13 de novembro, sobre aspectos xurídicos da incapacitación xudicial. GPCB

O Concello de Bóveda ten en marcha un programa de catro sesións formativas sobre temas “do día a día”, que van destinadas á veciñanza en xeral, segundo destacou o rexedor, José Manuel Arias. A primeira das xornadas, desenvolvida o 13 de novembro coa colaboración de Afamon, versou sobre aspectos xurídicos da incapacitación xudicial.

EVITAR ROUBOS, ESTAFAS E ACCIDENTES NA CASA
O programa continúa o venres 22 de novembro, cunha charla sobre prevención e mellora da seguridade nas nosas casas. A iniciativa, integrada no Plan Mayor de Seguridade do Ministerio do Interior, dará consellos para evitar roubos e estafas de todo tipo, así como para incrementar a seguridade e evitar accidentes domésticos ou viais.

AXUDAS TÉCNICAS PARA DEPENDENTES
O mércores 27 de novembro,e en colaboración de novo con Afamon, desenvolverase unha sesión sobre que tipo de axudas técnicas poden ter as persoas en situación de dependencia para mellorar o seu día a día, e como conseguilas.
COMO AFORRAR NO RECIBO DA LUZ
Por último, o programa ofrecerá, o mércores 4 de decembro, unha xornada con consellos para comprender a factura de luz e gas, e poder facer pequenos cambios nos que aforrar cartos, ademais de coñecer as condicións do Bono Social e doutras axudas.
Todas as charlas terán lugar no Salón de Plenos do Concello de Bóveda, ás 15:30 horas. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir a Inicio