Crónica del sur de Lugo

Primeiras actuacións nas estradas provinciais pola neve

Imaxe dos traballos que realizou a Deputación para retirar a neve acumulada en Pedrafita do Cebreiro, o 8 de novembro. GPDL

As primeiras nevaradas da tempada obrigaron ao operativo invernal da Deputación de Lugo a actuar en estradas de 11 municipios.

ACUMULACIÓNS DE NEVE DE 10 A 20 CENTÍMETROS
Na xornada do 8 de novembro, os servizos provinciais traballaron no acondicionamento de máis de 30 viais da Montaña e zona sur, para eliminar acumulacións de neve de entre 10 e 20 centímetros. Para estas actividades, e segundo informaron dende a Deputación de Lugo, empregáronse oito máquinas quitaneves, apoiadas por unha ducia de coches todoterreo e elementos específicos de limpeza para garantir a seguridade nas estradas.

ACTUACIÓNS EN 15 ESTRADAS PROVINCIAIS NA ZONA SUR DURANTE A PRIMEIRA XORNADA
Os traballos deste operativo consistiron na limpeza dos carrís, eliminación das placas de xeo, corta de árbores e supresión de obstáculos en 15 estradas provinciais de varios concellos, como O Incio, Quiroga, Samos e Triacastela na zona sur de Lugo.
MÁIS DE 40 VIAIS NO SEGUNDO TEMPORAL
O 14 de novembro rexistráronse incidencias por nevaradas e choivas, que obrigaron ao operativo da Deputación a actuar en máis de 40 estradas de 12 concellos. Na zona sur, o temporal afectou a estradas dos municipios de Folgoso do Courel, O Incio, Quiroga, Samos e Triacastela. •

• CASE 120 TÉCNICOS MOBILIZADOS DE NOVEMBRO A ABRIL NO PLAN DE VIALIDADE INVERNAL DA XUNTA NA PROVINCIA DE LUGO

• Dende o 1 de novembro de 2019 ata o 30 de abril de 2020, a Xunta ten operativo o Plan de Vialidade Invernal, que na provincia de Lugo dispón dun equipo de case 120 técnicos, 22 camións e maquinaria especializada, e 6 centros de conservación e explotación con máis de 1.700 toneladas de acopio de fundentes.

ESTRADAS SEGURAS
A Xunta pon en marcha este operativo para garantir a mobilidade en condicións de máxima seguridade aos cidadáns que empregan a cotío as estradas nos desprazamentos habituais.

FUNCIÓNS
Ademais de recibir alertas meteorolóxicas e tomar as decisións máis axeitadas para garantir a seguridade nas estradas autonómicas, o operativo do Plan de Vialidade Invernal está preparado para dar solución aos problemas xurdidos pola neve, a chuvia ou a sarabia. Así mesmo, procederase debidamente á eliminación de calquer tipo de obstáculo, como árboles, pólas, desprendementos de terra ou enchentes de auga.

1.000 QUILÓMETROS DE VIAIS EN ALTITUDE
No conxunto de Galicia, o Plan de Vialidade Invernal da Xunta integra preto de 500 profesionais, 26 centros operativos, 73 máquinas e máis de 5.200 toneladas de fundentes. O Plan atende os máis de 5.500 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, dos que preto de 1.000 teñen especial risco de neve e xeo debido á súa altitude.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio