A Xunta apoia con case 160.000 euros a promoción e a modernización do comercio de Monforte e Chantada

• Hai 40.000 euros para o CCU Monforte, e outros tantos para o CCA Chantada

O delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro, e a voceira municipal do PP, Katy Varela, no anuncio en Monforte das axudas aos comerciantes e asociacións comerciais do sur. GPXG

A comezos de novembro, déronse a coñecer as resolucións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o comercio de proximidade, que deixan na zona sur un total de 159.200 euros.

AXUDAS PARA DINAMIZAR O COMERCIO ASOCIADO
Nunha reunión mantida na cidade do Cabe cos representantes do comercio asociado de Chantada e Monforte, o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou os dous tipos de axudas concedidas. Por unha banda, as asociacións de comerciantes recibirán apoios económicos para financiar actividades de dinamización do pequeno comercio. Por outra, a liña de axudas para impulsar a dixitalización e modernización dos negocios dá apoio a 13 comerciantes e artesáns, nove deles en Monforte, dous en Chantada, un en Taboada e outro en Bóveda. En total, contarán con axudas por valor de 132.000 euros.
No caso do comercio asociado, a Consellería outorgou 40.000 euros ao CCU Monforte, e outros tantos ao CCA Chantada, para crear espazos confortables e de lecer cos que incentivar e dinamizar as compras no comercio local. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis éxitos galegos para o Neka e cita internacional no Open de París

Seguinte Nova

Primeiras actuacións nas estradas provinciais pola neve

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: