Crónica del sur de Lugo

Máis éxitos galegos para o Neka e cita internacional no Open de París

Un dos podios con presenza dos do Neka no Open Cidade de Pontevedra, celebrado a finais de outubro. (Foto cedida)

O ximnasio Neka de taekwondo vén de colleitar novos éxitos a nivel autonómico e provincial.

PROBAS EN PONTEVEDRA E TABOADA
A finais do mes pasado, o club sumou 14 medallas no Open Cidade de Pontevedra, no que Junior Martínez superou claramente ao actual subcampión de España e logrou o primeiro posto do podio en combate. Na modalidade de técnica, lograron medalla de ouro Ana López e Laura Álvarez, foron prata Alex Camba e Daniel Areán, e conseguiron cadanseu bronce Carlos Rey, Marco García, Elena Varela, Allan David Bustamante e Iria de la Fuente. En parella, tamén tiveron bronce Aitor Teijeiro e Lucía Roca, mentres que o Neka sumou tres pratas cos dúos de Camba e Elena Varela, Marco García e Laura Álvarez, así como Daniel Areán e Karla Novo.
En novembro, os de Neka competiron na Copa Deputación de Lugo, que xuntou en Taboada a máis de 220 participantes de seis clubes. Nun pavillón municipal cheo de público, o ximnasio Neka clasificou a 27 deportistas para o Campionato Galego, que se celebrará na localidade coruñesa de Sada o 21 de decembro. Tamén lograron o pase á proba autonómica 45 deportistas do Escola Lucense, 18 do Moo Duk Kwan de Vilalba, 8 do vilalbés Jansu, 7 do lucense Valerics, e 5 do Kumgang de Quiroga.

A expedición do Neka que estará presente no Open de París. (Foto cedida)

OPEN DE PARÍS
Ademais, o Neka estará presente nunha cita europea. Do 16 ao 17 de novembro, competirán no Open de París Marco García, Alex Camba, Laura Álvarez, Karla Novo, Daniel Areán, e Carlos Rey.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio