Crónica del sur de Lugo

O piloto monfortino Eduardo Iglesias participará en xaneiro no Dakar 2020 en Arabia Saudí

Eduardo Iglesias coa moto e equipación que levará á proba de Arabia Saudí. (Foto: MONTERO)

O eco de Monforte e da Ribeira Sacra soará en Arabia Saudí a comezos do vindeiro ano. Do 5 ao 18 de xaneiro, o piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias participará no rally Dakar 2020, a proba máis famosa do mundo na súa categoría. Iglesias competirá dentro do único equipo galego inscrito na proba, o Galimplant, que tamén levará o boogie pilotado por Pedro Burgo e Vallejo.

UN SOÑO CUMPRIDO
Iglesias deu a coñecer as características do seu proxecto nun acto celebrado no Centro do Viño de Monforte, o 12 de novembro. O piloto estivo acompañado polo alcalde e presidente da Deputación, José Tomé, que lle trasladou o apoio da cidadanía, e o seu “orgullo por representar por primeira vez a Monforte e á Ribeira Sacra nun evento deportivo con gran seguemento e repercusión mundial”. Iglesias agradeceu o apoio económico do Concello de Monforte e da Deputación de Lugo, “fundamental para dar o paso e anotarme nun rally no que dende neno soñei sempre con participar”.
En total, o proxecto conta cun orzamento de 70.000 euros, para o que Iglesias dispuxo de varias aportacións institucionais e de patrocinadores privados.
Eduardo Iglesias competirá co dorsal 154, do que espera que lle dea “moita sorte, porque o 4 é un número que uso moito, e o 54 foron os dous últimos números do Gordo que caeu en Monforte o día de Reis de 2016”. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio