Crónica del sur de Lugo

Os Orzamentos da Xunta para 2020 inclúen máis de 395.000 euros para construír vivendas de promoción pública

O alcalde de Sober e a secretaria do Parlamento Galego, Raquel Arias, supervisan o futuro emprazamento das vivendas de promoción pública na capitalidade. GPCS

Sober contará cunha partida superior aos 395.000 euros nos Orzamentos da Xunta de 2020 para construír vivendas de promoción pública, que se ubicarán entre o CEIP Virxe do Carme e o centro de saúde.
A deputada no Parlamento de Galicia e concelleira en Sober, Raquel Arias, e o alcalde, Luis Fernández Guitián, explicaron os detalles destes investimentos no solar que ocuparán as vivendas modulares.

SISTEMA MODULAR, SOSTIBLE E MÁIS RÁPIDO
Arias e Guitián precisaron que o proxecto arrancará con dúas vivendas, para engadir outras cinco nunha segunda fase. Cada unidade disporá de tres dormitorios, dous baños, salón, cociña, tendedeiro, trasteiro e garaxe. A opción de vivendas modulares permite acurtar os tempos de execución. Logo de preparar os cimentos, a fabricación do inmoble farase en fábrica, polo que haberá pouco impacto no terreo.

MÁIS INVESTIMENTOS NAS CONTAS DA XUNTA DE 2020
Arias e Guitián destacaron que o Executivo autonómico reserva máis partidas para Sober. En concreto, haberá 300.000 euros para infraestruturas turísticas e bens de interese público, como a instalación dun pantalán no embarcadoiro dos Chancís.
Así mesmo, os Orzamentos autonómicos contarán cunha partida de 52.000 euros para a mobilización de terras, o que dará continuidade aos proxectos iniciados en Proendos. Nesta mesma parroquia, no lugar de Francos promoverase unha aldea-modelo, con medidas especiais para protexer as vivendas fronte aos incendios forestais, ao tempo que se activa a actividade económica na contorna.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio