Crónica del sur de Lugo

Sober, Quiroga e Chantada, entre os sete concellos galegos que perciben as novas axudas para as ARI

196.000 euros para rehabilitar edificios e vivendas en Sober, 217.500 euros para Quiroga, e otros 280.973 euros para Chantada

Foto de grupo dos alcaldes que asinaron os convenios co delegado do Goberno en Galicia e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. GPXG

O Concello de Sober disporá de 196.000 euros para rehabilitar edificios e vivendas na zona ARI, que abrangue toda a superficie do municipio. Esta partida tamén financiará actuacións de urbanización e reurbanización.
Os fondos proceden do convenio asinado o pasado 21 de outubro polo Consistorio soberino co Goberno central e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

As axudas para rehabilitación e mellora de vivendas e edificacións en zonas ARI deixará en Quiroga 217.500 euros. Este será un dos tres municipios da zona sur, xunto con Sober e Chantada, que contan con fondos para financiar este tipo de accións, dentro dos convenios asinados coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e o Ministerio, o pasado 21 de outubro.
Quiroga forma parte dos sete concellos, xunto con Vigo, Ribadavia, Chantada, Sober, Viveiro e Vilalba, que asinaron os convenios por un total de 2,88 millóns de euros. A contía correspondente a Chantada é de 280.973 euros.

TIPOS DE AXUDAS
Segundo informaron dende a Xunta, esta partida poderá destinarse á rehabilitación de edificios e vivendas, incluíndo as unifamiliares, ademais de obras de mellora da eficiencia enerxética, sostibilidade, seguridade ou accesibilidade. Tamén inclúe a demolición e edificación de novas vivendas, e os gastos derivados do realoxo temporal dos usuarios durante o tempo de execución.
O convenio suscrito coa Xunta e o Goberno central subvenciona tamén accións de urbanización ou reurbanización de espazos públicos, así como os gastos de mantemento de equipos técnicos e oficinas de información e xestión municipais.
A partir da sinatura do convenio, os concellos deberán poñer en marcha a convocatoria de subvencións para que os particulares interesados poidan solicitar estas achegas. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio