Crónica del sur de Lugo

A asociación Val do Láncara concede a Xurxo Souto o Premio Facer País

•O músico e escritor coruñés recibirá o galardón pola súa difusión da cultura galega entre a mocidade

Xurxo Rodríguez deu a coñecer o fallo do xurado en Lugo, xunto á vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, o 16 de outubro. GPVDL

A Asociación Val de Láncara vén de conceder ao músico e escritor Xurxo Souto o Premio Facer País. A décimo oitava edición deste galardón foi para este creador coruñés pola súa labor de difusión da cultura galega entre a mocidade.

VOCALISTA DOS DIPLOMÁTICOS DE MONTEALTO
No fallo do xurado, que se deu a coñecer en Lugo a mediados de outubro, destacouse “o entusiasmo e a forza” con que Souto “fai país, reivindicando a lingua e a cultura, e contribuíndo a que os demais, pero sobre todo a mocidade, as valoremos como parte fundamental da nosa identidade como pobo”.
O xurado desta edición estivo integrado por unha vintena de colectivos culturais da comarca sarriana, Val do Neira e O Corgo. O resultado da votación deuno a coñecer Xurxo Rodríguez, mestre no CPI Ramón Piñeiro de Láncara, nun acto celebrado na sede da Deputación, e que contou coa presenza da vicepresidenta provincial, Maite Ferreiro. Rodríguez destacou a traxectoria cultural de Xurxo Souto como músico, sobre todo na súa etapa de vocalista no grupo Os Diplomáticos de Montealto, e como locutor de radio, medio no que puxo en marcha diversos programas para dar a coñecer a música galega entre a mocidade.
O galardón entregarase en Láncara o 2 de novembro.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio