Máis de medio cento de Consellos Reguladores vitivinícolas de España apoiaron en Chantada a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

• O documento asinado en Chantada recoñece á Ribeira Sacra como un exemplo excepcional na Europa Atlántica e na cristianización da Península Ibérica

O acto de apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade tivo lugar na adega Vía Romana de Chantada, coa presenza dos 54 representantes dos Consejos Reguladores do viño que integran a Confederación Española. GPXG

O Documento de Adhesión á candidatura de paisaxe cultural da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade da UNESCO conta con novos apoios. O 26 de outubro, a adega chantadina Vía Romana recibiu aos 54 membros da Confederación Española de Consejos Reguladores Vitivinícolas, que a través do seu presidente, David Palacios, deixaron constancia escrita do seu apoio a esta iniciativa. Na sinatura, acompañou a Palacios o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, que agradeceu o apoio deste colectivo.

O presidente da Conferencia Española de Consejos Reguladores Vitivinícolas, David Palacios, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, na sinatura celebrada na adega chantadina Vía Romana o 26 de outubro. GPXG

TERRITORIO EXCEPCIONAL NO CONXUNTO DE EUROPA
O conselleiro aproveitou a visita dos representantes dos organismos reguladores do viño para resaltar o legado vitícola da Ribeira Sacra «que é pasado, presente e futuro desta zona».
O Documento de Adhesión asinado en Chantada subliña á Ribeira Sacra como un exemplo excepcional dun poboamento tradicional na Europa Atlántica, e representativo da interacción do home coa natureza. Ademais, este territorio érguese, segundo o Documento formalizado en Chantada, como unha testemuña excepcional da cristianización da Península Ibérica a como a paisaxe simbólica máis occidental da Europa continental con 1.500 anos de historia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Tarde zoofotográfica e Torneo Autonómico de League of Legends, na programación da Casa da Xuventude de Chantada

Seguinte Nova

A provincia de Lugo concentra o 38% do volume de cortas solicitado este ano

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: