Crónica del sur de Lugo

Tarde zoofotográfica e Torneo Autonómico de League of Legends, na programación da Casa da Xuventude de Chantada

Tamara Lebón Sánchez ofreceu consellos para a fotografía de animais na “Tarde Zoofotográfica” do Espazo Xove. CXC

A axenda da Casa da Xuventude chantadina completou as actividades do mes con tradicións e novidades.

CABAZAS DE SAMAÍN PARA DESPEDIR OUTUBRO
O Samaín Celta, co que cada ano se pecha o mes de outubro no Espazo Xove, reúne os antigos rituais da cultura celta coa creatividade dos rapaces e rapazas á hora de decorar as características cabazas. Para os amantes da fotografía, organizouse o 23 de outubro unha “Tarde Zoofotográfica”, na que Tamara Lebón comentou cos participantes os segredos da fotografía de animais, e ilustrounos coa súa mostra “Equus”, exposta neste mesmo espazo.
VIDEOXOGO
Xa en novembro, do 4 ao 8 terá lugar un curso presencial en perspectiva de xénero na intervención social para voluntariado.
Así mesmo, o sábado 9 de novembro, de 10 a 15 horas, a Casa da Xuventude acollerá o I Torneo Autonómico de League of Legends. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio