Crónica del sur de Lugo

Bóveda celebrou o Día da Biblioteca cun programa de música, literatura e danza para todos os públicos

Escolares do CEIP Rosalía de Castro participaron nunha das actividades que o Concello de Bóveda organizou no Centro Sociocultural. (Fotos cedidas).

O Concello de Bóveda encheu de animación o Centro Sociocultural na celebración do Día da Biblioteca.

CONTACONTOS PARA O ALUMNADO DO COLEXIO DE BÓVEDA
As actividades comezaron o 24 de outubro, co espectáculo “Contacantos”, a cargo de Sergio Rivas, e adicado aos escolares do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

MÚSICA E LETRAS PARA MOZOS E ADULTOS NA BIBLIOTECA
Xa pola tarde, a Biblioteca Municipal recibiu a Iria Mejuto, solista de Black, que ofreceu o espectáculo “Un paseo entre liñas pola música negra. Soul e literatura”, deseñado para o público xuvenil e adulto.

OBRADOIRO DE DANZA TRADICIONAL
A programación continuou o 25 de outubro, cun obradoiro de danza tradicional. Baixo o título “A bailar canda os tempos”, Nerea Consuelo Fernández animou a tarde cunha actividade pensada para a mocidade e o público adulto.
Todas estas actividades organizadas polo Concello contaron co apoio do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio