Crónica del sur de Lugo

Chantada acolleu as VI Xornadas de Protección Civil organizada pola Federación provincial de voluntarios

O alcalde de Chantada, Manuel Varela; o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro; a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e a deputada de Réxime Interior, Pilar García, o 26 de outubro. GPXG

O pasado 26 de outubro, Chantada foi a sede das VI Xornadas de Protección Civil, organizadas pola Federación provincial de agrupacións de voluntarios. A xuntanza integrou un amplo programa de actividades lúdicas e formativas. A organización dispuxo varios simulacros coa participación dos grupos de actividades acuáticas da Garda Civil, bombeiros, persoal sanitario e o grupo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).
No encontro, presentáronse os novos vehículos anfibios a motor que adquiriu a Xunta para facilitar a atención a emerxencias en zonas de difícil acceso. Segundo explicou o delegado da Xunta, estes quads Argos, que é como se denomina aos novos vehículos anfibios, darán apoio loxístico en condicións de neve, zonas fluviais ou inundadas, a través do Grupo de Apoio Loxístico da Axega.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio