Lugo, a provincia con maior investimento por habitante nos Orzamentos da Xunta para 2020

•O Executivo galego destina preto de 3 millóns de euros para a conversión do corredor de Sarria en autovía

As deputadas Julia Rodríguez e Raquel Arias; o secretario provincial do PP, Juan Carlos Armesto; e a voceira local do PP en Monforte, Katy Varela, na valoración dos Orzamentos da Xunta para o sur de Lugo, o 20 de outubro. GPXG

A Xunta vén de presentar a súa proposta de Orzamentos para o ano 2020, que sitúa a Lugo como a provincia con maior investimento por habitante nas contas do Executivo galego. Así o destacou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen cualificou de «investimento record» aos máis de 1.401 millóns de euros que o Goberno da Xunta destina á provincia. Segundo os cálculos presentados por Balseiro, o Executivo investirá 4.252 euros por lucense o vindeiro ano.

Na zona sur, o Goberno galego prevé unha inversión de 12 millóns de euros en 2020, o que suporá que as comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga reciban un 48% máis que no presente exercicio só en gastos territorializados, a maiores das partidas xerais. As deputadas do PP Raquel Arias e Julia Rodríguez precisaron as contías que os Orzamentos reservan para a zona sur. Haberá máis de 700.000 euros para melloras no Hospital de Monforte, e unha partida para reformas en centros de saúde. En educación, a Xunta destinará 850.000 euros para a rehabilitación de centros educativos de Monforte. Ademais, destacan os 150.000 euros para a mellora da estación de autobuses. Así mesmo, o convenio coa Fundación de Ferrocarrís disporá de 30.000 euros.
Arias e Rodríguez salientaron tamén a partida de case 786.000 euros que a Xunta reserva para o novo centro de saúde do Saviñao, e as melloras en centros educativos de Chantada por máis de 380.000 euros.
No eido das infraestruturas, as deputadas lucenses destacaron os 4,5 millóns de euros que a Xunta destinará para a conversión en autovía do corredor entre Láncara e Sarria, os accesos ao Porto Seco de Monforte, ou a mellora da LU-651 en Folgoso do Courel. Este municipio tamén disporá de máis de 100.000 euros para mellorar a conectividade e as telecomunicacións.
Pola súa banda, o Executivo galego destina 300.000 euros para solo empresarial en Taboada, e continuará impulsando a mobilización de terras con partidas como os 200.000 euros para Bóveda ou os 152.000 euros para Quiroga. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Dous convenios provinciais para impulsar o Xeoparque Montañas do Courel

Seguinte Nova

Chantada acolleu as VI Xornadas de Protección Civil organizada pola Federación provincial de voluntarios

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: