Crónica del sur de Lugo

Dous convenios provinciais para impulsar o Xeoparque Montañas do Courel

•A Deputación achega 50.000 euros para promoción e investigación

O presidente da Deputación, José Tomé, e o representante da Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel, Roberto Castro, na sinatura dos convenios o 28 de outubro. GPDL

A Deputación de Lugo apoia con 50.000 euros un paquete de accións para a divulgación e promoción do Xeoparque Montañas do Courel. Esta colaboración materializouse na sinatura de dous convenios, o pasado 28 de outubro, entre o organismo provincial e a Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel.

A SEMANA DOS XEOPARQUES, ENTRE AS INICIATIVAS DE PROMOCIÓN
Entre as actividades que se van desenvolver no marco destes convenios, está a realización de xornadas e a asistencia a eventos, congresos e foros de ámbito nacional e internacional. Segundo explicaron dende a Deputación, tamén está prevista a organización dunha Semana dos Xeoparques, así como a edición de diversos materiais promocionais sobre este territorio.

MAPA CARTOGRÁFICO, PUBLICACIÓN CIENTÍFICA E IMAXE 3D DAS MONTAÑAS DO COUREL
A investigación ocupa tamén o seu espazo na axenda de accións en torno ao Xeoparque Montañas do Courel. O convenio asinado coa Deputación lucense tamén inclúe medidas como accións de estudo para datar os glaciares desta zona e a edición dunha publicación de carácter científico. Así mesmo, e segundo destacaron os responsables provinciais, o convenio impulsará a creación dun mapa cartográfico e dun sistema de información xeográfica e imaxe 3D das formacións xeolóxicas desta zona. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio