Crónica del sur de Lugo

Arranca o proceso selectivo do persoal para os obradoiros de emprego da Xunta

Reunión de coordinación cos responsables dos concellos nos que se van desenvolver os obradoiros, celebrada en Lugo o 23 de outubro. GPXG

Do 30 de outubro ao 26 de novembro, desenvólvese o proceso de selección de persoal que participará nos obradoiros de emprego da Xunta. En total, a provincia de Lugo acollerá 14 obradoiros que darán emprego a 333 persoas, das que 272 serán alumnos-traballadores, e os outros 61 corresponderán a postos de docencia, dirección e administración.
Segundo precisou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, 12 destes talleres son duais, e os outros dous son de garantía xuvenil, xa en marcha en Lugo e Ribadeo, e destinados a mozos e mozas menores de 30 anos. O proceso selectivo que agora está en marcha corresponde aos obradoiros duais, que terán unha duración mínima de nove meses.
A selección de persoal conta con dúas fases. A primeira realizarase nas oficinas de emprego, e a segunda estará a cargo dun grupo de traballo mixto formado por técnicos da Xunta e dos concellos. Toda a información do proceso selectivo pode consultarse nas oficinas de emprego e nos taboleiros, anuncios e webs dos concellos promotores.

73 EMPREGOS NO SUR
Na zona sur, a Xunta destina un millón de euros para tres obradoiros. Un deles está promovido en solitario polo Concello de Monforte, outro está compartido por Pantón, Sober e O Saviñao, e o terceiro intégrano Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel. En total, xeraranse 73 contratos na zona sur lucense.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio