Crónica del sur de Lugo

Monforte celebrou o Día da Muller Rural apostando polo emprendemento

Os obradoiros do programa de apoderamento da muller rural en Monforte comezaron o 13 de setembro. GPCM

O 15 de outubro celebrouse o Día Internacional da Muller Rural, e con este motivo, a Concellería de Igualdade de Monforte puxo en marcha un programa formativo. Organizado a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Monforte, e financiado pola Consellería de Política Social da Xunta, a cidade do Cabe está a acoller, dende mediados de setembro, o programa “Mulleres Mudando o Rural”, para impulsar o apoderamento e a mellora da empregabilidade das mulleres no eido rural.

OBRADOIROS TEMÁTICOS ATA DECEMBRO
O programa, que comezou o pasado 13 de setembro, estrutúrase en varios obradoiros temáticos, impartidos pola asociación Sustínea de Ourense, que traballa co desenvolvemento sostible e o apoderamento integral da muller rural. As sesións, que teñen lugar de 9:30 a 13:30 no Centro Cívico do Malecón, suman 20 horas lectivas. O 10 de outubro tivo lugar un obradoiro sobre orientación laboral, recursos e entrevistas, temática que se completará no obradoiro do día 17.
O 21 de novembro celebrarase o obradoiro adicado a recursos sociais, xurídicos e dixitais. A derradeira sesión está prevista para o 4 de decembro, que servirá de reflexión sobre a figura da muller na emerxencia climática e no desenvolvemento rural.
As persoas interesadas poden informarse e inscribirse nas oficinas do CIM no propio Centro Cívico do Malecón.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir a Inicio