Crónica del sur de Lugo

Luis Fernández Guitián, reelixido presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

•O soberino acadou 127 votos dos 227 totais, fronte á candidatura de José Manuel Rodríguez, do Consello Regulador, que logrou 99

Foto de grupo dos participantes no Pleno do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, celebrado o 9 de outubro. CTRS

O alcalde de Sober repite como presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. No Pleno que este organismo celebrou en Sober o 9 de outubro, a candidatura de Luis Fernández Guitián, representante polo Concello soberino, acadou 127 dos 227 votos totais, superando así á candidatura de José Manuel Rodríguez González, representante polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que conseguiu 99 papeletas. Rexistrouse un voto nulo.
CONSELLO REITOR
Nesta elección, exerceron o voto os 23 integrantes do Consello Reitor, que son designados polos 21 concellos que integran o Consorcio, polo Consello Regulador da Denominación de Orixe e a Asociación Ribeira Sacra Rural. Estes representantes repártense os 227 votos que establecen os estatutos do organismo de promoción turística.

VICEPRESIDENCIA PARA NOGUEIRA DE RAMUÍN
En votación a man alzada e por unanimidade, foi elixido como vicepresidente do Consorcio de Turismo César Parente Pérez, representante polo Concello de Nogueira de Ramuín. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio