Crónica del sur de Lugo

A Deputación licita por máis de 350.000 euros a mellora da estrada Monforte-Brollón

Completada a mellora de 11 quilómetros de estradas provinciais no Saviñao

O presidente da Deputación supervisou o resultado das obras nas estradas LU-P-4102 e LU-P-4202. GPDL

A Deputación de Lugo vén de poñer en marcha unha nova actuación de mellora da rede de estradas provinciais. Recentemente, este organismo licitou as obras de acondicionamento do firme da estrada entre Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón.

OBRAS EN DOUS RAMAIS
O proxecto, licitado por 351.325 euros, inclúe o arranxo de sete quilómetros e medio do tramo que une Monforte con Vilachá-Rozabales. As obras afectarán a dous ramais, segundo explicou a portavoz do Goberno provincial, Pilar García Porto. Por unha banda, vanse mellorar seis quilómetros na LU-P-3203 entre os puntos 6,030 e 11,997. Por outra, farase un arranxo nun quilómetro e medio da LU-P-4702, entre os puntos 1,200 e 2,400.

EN SEIS MESES
Está previsto un prazo de execución de seis meses para estes traballos, que incluirán a reapertura e limpeza de cunetas, e a mellora da drenaxe, da pavimentación e da sinalización horizontal.•

MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS NO SAVIÑAO

Recentemente, quedaron rematados os traballos de mellora que a Deputación realizou en 11 quilómetros da estrada LU-P-4102, entre Ferreira e Currelos, e a LU-P-4202, de Pacios a Currelos por Aldosende. O organismo provincial investiu 506.000 euros no arranxo destes dous viais do Saviñao.
Os traballos incluiron a limpeza das cunetas, a rehabilitación do firme con aglomerado en quente, e a renovación da sinalización horizontal.
O presidente da Deputación, José Tomé, supervisou o resultado destes traballos, “fundamentais para manter vivo o rural”. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio