Crónica del sur de Lugo

Duras críticas aos catro soldos políticos no Saviñao

Redacción-Monforte

A nova de que o Concello do Saviñao pase de dúas a catro dedicacións no mandato que ven de iniciarse foi moi mal acollida en moitos sectores representativos do municipio como son o PSOE, que votou en contra no pleno municipal, ou a Asociación Veciñal do Saviñao. Para os socialistas do Saviñao “é un despropósito que se dupliquen as liberacións, cando en todo o Estado se están reducindo pola situación económica”. Coa nova situación pasarán de dous a catro os soldos políticos no Saviñao. Desta maneira, e segundo a información do PSOE, as 4 liberacións do Concello van supor anualmente 136.000 euros no capítulo de altos cargos, un 6% do presuposto total anual e un 16% dos recursos xerados en 2010 no Saviñao. As dúas novas liberacións corresponden ás concelleiras Mónica López e Beatriz Rois, ás que hai que sumarlle as que xa percibían o alcalde, Joaquín González, e o tenente de alcalde, Juan Carlos Armesto.

Tamén a Asociación Veciñal do Saviñao quíxose pronunciar ao respecto, e comparou o municipio cos de Chantada e Monforte, moito maiores en habitantes “e con só dúas dedicacións exclusivas” polo que consideran que “aquí ou fallan as contas, ou estamos no país das marabillas”, apuntan. Ao colectivo veciñal parécelle un “órdago” e unha “escandalosa afrenta á xustiza social” ao crearse unha profesión dos representantes municipais.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio