Crónica del sur de Lugo

A Deputación aumenta un 13% as prazas do servizo de Teleasistencia

•Cunha partida de 750.000 euros ata o 2021, suporá chegar ás 1.795 prazas

O voceiro nacionalista Efrén Castro, e a voceira socialista Pilar García, explicaron as novidades da Teleasistencia. GPDL

A mediados de outubro, a Deputación iniciou o procedemento de contratación do servizo de Teleasistencia domiciliaria, que suporá un aumento do 13% no número de prazas. Este contrato, cun importe de 750.000 euros, ofrecerá ata 2021 un total de 1.795 prazas.

CARACTERÍSTICAS DAS NOVAS PRAZAS
Segundo precisaron os responsables provinciais, ás actuais 1.555 prazas dos usuarios directos, sumaranse outras 180. Estas novas prazas van destinadas a persoas que convivan co titular do servizo e reúnan tamén os requisitos para ser beneficiarias. Estas persoas disporán dunha unidade de control remoto adicional para o seu uso exclusivo, segundo puntualizaron dende a Deputación. Así mesmo, haberá outras 60 novas prazas para persoas que convivan cun titular do servizo e teñan os requisitos para usar a teleasistencia, pero carecen de capacidade física, psíquica ou sensorial para poder utilizar esta servizo.

OUTRAS NOVIDADES
O novo prego de contratación inclúe a achega de balde de 60 terminais a maiores dos 1.555 esixidos obrigatoriamente, así como 48 dispositivos periféricos vinculados ao terminal da Teleasistencia, e 48 terminais de Teleasistencia móbil con xeolocalización e monitorización, así como terminais para persoas con dificultades de comunicación verbal ou auditiva.
Este servizo da Deputación garante a atención as 24 horas os 365 días do ano aos maiores da provincia con dificultades na súa autonomía. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio