Representantes de 25 universidades de 9 países apoiaron en Chantada a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da UNESCO

• A Xunta terá listo o Plan de Xestión Ribeira Sacra antes de finais de ano

Foto de grupo dos participantes na sinatura de apoio á candidatura da Ribeira Sacra, coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. FC

O 11 de setembro, Chantada acolleu a sinatura da Declaración Solemne Ribeira Sacra de Reitores no Camiño de Santiago, pola que se materializou o apoio de 25 universidades de 9 países á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. O acto contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e de alcaldes e representantes dos concellos e organismos do territorio.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Ínsua, na reunión mantida cos técnicos locais o 15 de outubro. GPXG

PASO «PREVIO E NECESARIO»

No camiño desta tramitación, sitúase o  Plan de Xestión da Ribeira Sacra, que a Xunta presentará na segunda quincena de decembro, o que posibilitará empezar o ano 2020 cos deberes feitos de cara á presentación da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Así o anunciou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, nun encontro mantido con técnicos de patrimonio da Xunta e dos concellos da Ribeira Sacra, celebrado en Santiago o 15 de outubro. A xuntanza serviu para concretar os detalles do decreto de declaración deste territorio como Ben de Interese Cultural (BIC).
Rodríguez cualificou ao Plan Ribeira Sacra como un «paso previo, positivo e necesario para o éxito desta ilusionante candidatura». O conselleiro salientou tamén a importancia da colaboración entre as institucións e administracións implicadas neste territorio.
O titular de Cultura destacou que o Plan será «unha mostra do noso compromiso na conservación e difusión desta paisaxe cultural». A idea que sustenta o Plan expresarase en dous eidos. Por unha banda, centrarase na protección, promoción e e coordinación dos investimentos, para desenvolver medidas concretas coas que conservar o valor universal excepcional da Ribeira Sacra. Por outro lado, promoverase a candidatura da UNESCO tanto dentro como fóra deste territorio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Un millón de euros da Xunta para 3 obradoiros de emprego no sur

Seguinte Nova

A Deputación aumenta un 13% as prazas do servizo de Teleasistencia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: