Crónica del sur de Lugo

Un millón de euros da Xunta para 3 obradoiros de emprego no sur

•Os concellos beneficiados son Monforte, Pantón, Sober, O Saviñao, Folgoso, Quiroga e Ribas de Sil

Presentación da nova quenda de obradoiros de emprego na zona sur, polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. GPDTL

A finais do mes pasado, a Xunta anunciou a posta en marcha de tres novos obradoiros de emprego en sete municipios da zona sur de Lugo, para os que se destina un millón de euros.

73 NOVOS CONTRATOS DURANTE 9 MESES A PARTIR DE NOVEMBRO
Segundo adiantou en rolda de prensa o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, esta iniciativa facilitará a contratación de 73 persoas, das que 60 serán alumnos-traballadores e as outras 13 corresponderán a persoal de dirección, administración e monitores. Os obradoiros duais, que ofrecen formación e traballo durante nove meses, comezarán en novembro.
Balseiro explicou a distribución destes obradoiros. Monforte de Lemos promoverá unha destas iniciativas en solitario, mentres que os outros dous obradoiros serán compartidos. O taller Ricra III compartirase entre O Saviñao, Pantón e Sober. A sexta edición do obradoiro Sillor está promovido por Folgoso do Courel xunto con Quiroga e Ribas de Sil. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir a Inicio