Crónica del sur de Lugo

Aberto o prazo para participar na nova edición de Lugo Termal

•O programa provincial de turismo saudable oferta máis de 1.350 prazas con descontos para lucenses maiores de 55 anos

O alcalde de Pantón, José Luís Álvarez; o presidente da Deputación, José Tomé; o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; e o alcalde de Ribas de Sil, Miguel Sotuela, na presentación do programa Lugo Termal, no Balneario de Augas Santas, o 3 de outubro. GPDL

Dende mediados de outubro, xa se poden presentar as solicitudes para a nova edición do Lugo Termal, o programa de turismo saudable que vén organizando a Deputación dende hai oito anos.

PREZOS E VANTAXES
Desta volta, o programa ofrece máis de 1.350 prazas, con descontos en tratamentos termais para lucenses maiores de 55 anos. Este servizo poderá desfrutarse ata xuño de 2020 no Hotel Balneario de Augas Santas, en Pantón, no Hotel Balneario Río Pambre en Palas de Rei, e no Balneario e Termas de Lugo.
O programa inclúe 1.113 prazas con estancia, a un prezo de 189,50 euros por seis días e cinco noites a pensión completa. Ademais, hai 238 prazas sen estancia, cun prezo de 200 euros por 10 días, a desfrutar de luns a venres. Estas tarifas supoñen un desconto de máis de 60 euros.
Os usuarios poderán levar un acompañante, sen límite de idade, que tamén se beneficiará destes descontos.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio