Crónica del sur de Lugo

Alumnado de ciclos do IES A Pinguela achegouse ás posibilidades que ofrece para o rural o modelo da economía social

José Ovidio Pérez Reñones e Severino Rodríguez Díaz, da Asociación Semente de Monforte, participaron no seminario sobre Economía Social dirixido por Xosé Lois Lamazares Vence, coordinador xeral de Galletas Daveiga, e Rosa Álvarez Bernárdez, técnica deEspazocoop. IAP

Os principios da economía social aplicada a exemplos reais centraron o seminario que se desenvolveu no IES A Pinguela o 11 de outubro. Co título de “Introdución á Economía Social”, esta actividade achegou as características deste modelo empresarial e a súa aplicación no rural ao alumnado de 2º curso dos ciclos formativos de Administración, Informática e Imaxe Persoal do instituto monfortino.
GALLETAS DAVEIGA E ASOCIACIÓN SEMENTE DE MONFORTE
O seminario forma parte do 1º Programa de Fomento da Economía Social, a Innovación e o Desenvolvemento Sustentable na Galicia rural 2019/2020, promovido pola Sociedade Laboral Daveiga de Chantada, e coa colaboración de Espazocoop (Unión de Cooperativas Galegas), do grupo de investigación ICEDE da Universidade de Santiago, e da Asociación Semente de Monforte, entre outros.

O seminario estivo destinado aos estudantes de 2º curso dos ciclos formativos de Administración, Informática e Imaxe Persoal do IES A Pinguela. IAP

MÁIS OBRADOIROS EN NOVEMBRO
O alumnado do IES A Pinguela coñeceu as características xurídicas e organizativas dos modelos empresariais de cooperativa e das sociedades laborais. Ademais, presentáronselle iniciativas de apoio como o concurso de proxectos e ideas empresariais para o desenvolvemento rural sustentable que tamén abranguen ao alumnado de Bacharelato e FP. Na sesión, informouse das novas oportunidades de Emprego na Galicia Rural, e dos tres obradoiros que se van impartir no IES A Pinguela en novembro. Neste novo programa, os participantes aprenderán a elaborar un plan de empresa de economía social no rural, e coñecerán as diversas ferramentas de financiamento.
No seminario, participaron Xosé Lois Lamazares Vence, coordinador xeral de Galletas Daveiga, e Rosa Álvarez Bernárdez, técnica de Unión de Cooperativas Espazocoop, ademais de Severino Rodríguez Díaz e José Ovidio Pérez Reñones, da Asociación Semente de Monforte. Este colectivo promove, a través dun concurso anual de ideas, o impulso de proxectos de emprendemento no rural.
Logo da súa intervención, Lamazares invitou ao alumnado a coñecer en directo o obrador de galletas que Daveiga ten en Chantada.

SEMINARIO ITINERANTE
O programa deste seminario estase a impartir no resto de institutos de Lemos e Chantada, así como en Lalín e en varios centros de Ourense.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio