Crónica del sur de Lugo

A Deputación porá en marcha un Punto de Atención a Emprendedores

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, e o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, na rolda de prensa trala Xunta de Goberno do 4 de outubro. GPDL

A comezos de mes, a Deputación anunciou que abrirá un Punto de Atención a Emprendedores, no que se asesorará ás persoas que queiran abrir un negocio, e permitirá que axilicen os seus trámites. Deste xeito, os emprendedores lucenses poderán empregar este Punto de Atención para tramitar a alta do seu negocio de xeito gratuíto e nun prazo de 48 horas. O servizo estará atendido por persoal técnico do Servizo de Promoción Económica e Emprego, e do Centro de Atención ao Usuario.

FERRAMENTAS DE POSTA EN MARCHA E DE ASESORAMENTO TELEMÁTICO
Segundo explicou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, esta iniciativa é froito da adhesión do organismo provincial ao convenio entre o Estado e a Federación Española de Municipios e Provincias. Rivera precisou que este Punto de Atención a Emprendedores ten unha dobre función. Por unha banda, ofrece servizos presenciais de asesoramento e información en temas de definición de negocio e da súa tramitación on line, no arranque do proxecto e tamén durante os primeiros anos da actividade. Por outra banda, o Punto de Atención permite constituír a nova sociedade a través do Documento Único Electrónico. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio