Crónica del sur de Lugo

Máis de media ducia de actividades para centros educativos este curso no Museo Pazo de Tor

•”Queremos volver a xerar unha revolución educativa con esta programación”, afirmou a vicepresidenta da Deputación

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, xunto á xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e os traballadores do Museo San Paio de Narla, na presentación do programa deste curso. GPVDL

A Rede Museística de Lugo vén de poñer en marcha a programación para este curso, orientada especialmente aos centros educativos. No Museo Pazo de Tor, ofreceranse sete actividades ao longo dos vindeiros meses, pensadas para todos os niveis educativos, e coa particularidade de que son adaptables ás necesidades de cada grupo.
A programación presentouna a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, nun acto celebrado a finais do mes pasado no Museo Fortaleza San Paio de Narla, escollido por ser “o museo no que se empezou a traballar no ámbito da didáctica”. Este centro puxo en marcha actividades “que supuxeron un recoñecemento mesmo a nivel internacional”, salientou. Seguindo nesta liña, Ferreiro adiantou que coa programación deste curso “queremos volver a xerar unha revolución educativa”.

PROPOSTAS
No Museo Pazo de Tor, os escolares de Infantil e Primaria están invitados a crear o seu propio museo, mentres que o alumnado de ESO poderá construír un relato colectivo e audiovisual deste centro, a partir das fotografías e imaxes captadas ao longo dunha visita guiada. Un achegamento ao sistemas de iluminación ao longo da Historia e a súa relación cos espazos é a proposta dunha actividade para Primaria e ESO. Estudantes de varios niveis poderán percorrer o Museo seguindo a pista dos animais e das árbores xenealóxicas, e reflexionar sobre o valor patrimonial do pasado, e do papel da muller na arte.•

A REDE MUSEÍSTICA DE LUGO,
A 1ª DE ESPAÑA EN CUMPRIR AS DIRECTRICES DA ONU

•Os museos de Lugo van ser “os primeiros de España” nos que se traballe cos 17 obxectivos de desenvolvemento sustentable que marca a Axenda 2030 da ONU, “de obrigado cumprimento para as institucións culturais”, destacou Maite Ferreiro •Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable 2030 (UNESCO): Fin da pobreza; fame cero; saúde e benestar; educación de calidade; igualdade de xénero; auga limpa e saneamento; enerxía asequible e non contaminante; traballo decente e crecemento económico; industria, innovación e infraestrutura; redución das desigualdades; cidades e comunidades sustentables; producción e consumo responsables; acción polo clima; vida submarina; vida de ecosistemas terrestres; paz, xustiza e institucións sólidas; alianzas para lograr os obxectivos.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio