Crónica del sur de Lugo

Os institutos de Sarria celebraron o Día Europeo do Deporte Escolar

Participantes na actividade de aerobic na xornada deportiva. IXA

Os IES Gregorio Fernández e Xograr Afonso de Sarria sumáronse á celebración do Día Europeo do Deporte Escolar. A finais de setembro, organizouse unha xornada lúdica no pavillón dos institutos, na que o alumnado participou en actividades lúdico-deportivas, como coreografías de acrosport ou aerobic, ademais doutros deportes.

Actividade de acrosport nos institutos de Sarria polo Día do Deporte Escolar. IXA


O Día Europeo do Deporte Escolar leva varios anos celebrándose en 20 países, cunha participación de máis de 400.000 estudantes e a implicación de 300 institucións educativas e administracións.
Esta conmemoración busca salientar a importancia da educación física e do deporte na escola, xerardo diversión a través da actividade física, promovendo a saúde e o benestar, a inclusión e o desenvolvemento de competencias sociais no alumnado.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio