Crónica del sur de Lugo

Veciños do Saviñao piden que se restitúa unha praza de médico

Usuarios do centro médico do Saviñao, o colectivo veciñal e o PSOE solicitan a restitución da praza de médico que leva máis dun mes sen ser cuberta polo Sergas nese ambulatorio “aproveitando un concurso de traslados” que levou a dous facultativos a outros centros, sendo substituído tan só un deles e quedando Escairón con tres médicos. Co mantemento desta situación, as sospeitas de que a Consellería quere suprimir esa praza cobran máis forza entre os usuarios. Actualmente o Saviñao ten 4 facultativos (tres en Escairón e 1 en Currelos) para máis de 4.500 habitantes, cos que tal e como xustificou a Consellería se cumpriría a ratio de 1.100 tarxetas por facultativo. Sen embargo, municipios como Sober e Pantón, con 2.251 e 2535 tarxetas sanitarias respectivamente, quedan igualmente con 4 médicos. Numerosos veciños están a presentar reclamacións ante o Sergas.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir a Inicio