Crónica del sur de Lugo

O comercio lucense de proximidade premia as compras nos Días Azuis ata o 20 de outubro

A cuarta edición desta campaña sortea 16.200 euros en 80 tarxetas regalo

Presentación, o primeiro de outubro, da campaña Días Azuis, que dinamizará o comercio de proximidade na provincia de Lugo ata o día 20 deste mes. GPXG

Ata o 20 de outubro, os consumidores que merquen no comercio de proximidade da provincia de Lugo poderán optar aos premios que reparte a campaña Días Azuis. Esta iniciativa, promovida pola Consellería de Economía e a Federación Galega de Comercio en colaboración con Abanca, sorteará 16.200 euros repartidos en 80 tarxetas prepago regalo por valor de 300 e 150 euros. Para entrar no sorteo, hai que rexistrar cada compra na páxina web da campaña,  https://www.diasazuis.com/, trámite que pode facer o propio cliente, ou ben o comerciante no seu establecemento.

Os organizadores da campaña lembraron o éxito da pasada edición, na que se rexistraron  29.000 tickets de compra en toda a provincia. A iniciativa Días Azuis, que acada a súa cuarta edición, ten como obxectivo impulsar as vendas e poñer en valor o papel do comercio de proximidade a nivel económico e de dinamización social.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio