Crónica del sur de Lugo

Todo listo para un novo curso nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

As Escolas Deportivas de Monforte ofrecen tres grupos de ioga para maiores de 16 anos e adultos. (Foto: Pixabay)

Arrancan en outubro as actividades programadas dentro das Escolas Deportivas Municipais de Monforte, con dúas modalidades segundo grupos de idade. Para rapaces e rapazas de 6 a 15 anos, están pensadas cinco actividades. Os luns e venres, de 18:15 a 19:15 horas, terá lugar a actividade de zumba kids no ximnasio Neo Fit. Kung fu impartirase os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas en Dogma Centro de Pilates. Os mércores será a quenda de patinaxe, cunha sesión semanal de 17:30 a 19:00 horas, no Pavillón dos institutos. Os sábados, de 10:00 a 14:00 horas, desenvolveranse as actividades de golf e pádel, no Club Río Cabe e no Club Padelante, respectivamente.

ACTIVIDADES PARA MAIORES DE 16 ANOS E ADULTOS

O calendario das actividades para maiores de 16 anos e adultos inclúe catro actividades, organizadas en varios grupos. Ximnasia de mantemento conta con dous grupos, cada un deles con dúas sesións semanas os luns e mércores, de 10:30 a 11:30 horas no ximnasio Neka, e de 17:00 a 18:00 horas no ximnasio Lemos. O centro de ioga Ganesha impartirá a actividade de ioga en tres grupos: os luns e mércores de 16:15 a 17:15 horas, e os mesmos días de 17:15 a 18:15 horas, e os martes e xoves de 16:15 a 17:15. Así mesmo, a actividade de tai chi terá lugar os martes e venres de 20:00 a 21:00 horas en Dogma centro de pilates. A oferta municipal complétase con zumba para adultos, os martes e venres de 17:15 a 18:15 horas no ximnasio Neo Fit.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio