A paisaxe da viticultura heroica, protagonista en Pantón nos premios do V Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra

Ferreira é o primeiro chanzo da exposición itinerante que amosará os traballos presentados ao concurso en varias localidades da Ribeira Sacra

As fotografías participantes integran a exposición itinerante que se pode ver en Ferreira ata o 15 de outubro. (Foto: cedida MLS)

O Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra- Viticultura Heroica cumpre o seu primeiro lustro, co obxectivo de poñer en valor e divulgar nas redes sociais a Denominación de Orixe Ribeira Sacra, ao tempo que se impulsa a candidatura deste territorio a Patrimonio da Humanidade. A iniciativa, posta en marcha por Mar López Sotelo, divulgadora cultural do patrimonio ribeirao, e co apoio do Consello Regulador da Denominación de Orixe e o Concello de Pantón, entregou o 21 de setembro os premios desta quinta edición, nun acto celebrado en Ferreira. A fadista María do Ceo puxo a nota musical nesta cerimonia, cunha actuación en directo.

“Vendima en Santiorxo”, presentada por Adega Malcavada, foi premiada cunha viaxe en globo pola Ribeira Sacra, xentileza do Consello Regulador desta Denominación de Orixe. (Foto: cedida MLS)


A fotografía titulada “Vendima en Santiorxo”, presentada por Adega Malcavada, foi premiada cunha viaxe en globo pola Ribeira Sacra. Raquel Rodríguez Conde, autora de “Cepas e paporrubio. Vellos amigos”, recibiu un lote de botellas de viño da D.O. Ribeira Sacra. Así mesmo, Rosa Villar Pomar foi agasallada cunha noite no Balneario Oca Augasantas Golf & Resort para dúas persoas, pola súa fotografía “Si Marco Antonio levantara la cabeza”. Por último, Javier Rodríguez, autor da imaxe “Viñas e Carreiros”, gañou unha viaxe en zodiac para dúas persoas polo río Miño. •

A divulgadora cultural Mar López Sotelo, organizadora do Concurso Red Ribeira Sacra, e a fadista María do Ceo, que puxo a nota musical actuando en directo na entrega dos premios. (Foto: cedida MLS)
Organizadores, xurado e galardoados no Concurso Red Ribeira Sacra, durante o acto celebrado en Ferreira. (Foto: cedida MLS)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober disporá dunha pista gratuíta de pádel

Seguinte Nova

Todo listo para un novo curso nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: