Crónica del sur de Lugo

Sober disporá dunha pista gratuíta de pádel

A pista de pádel está instalada na contorna das piscinas municipais de Sober. GPCS

O Concello de Sober está a completar as obras de instalación dunha pista de pádel, xunto ás piscinas municipais.

CLUB DE PÁDEL
A previsión é que a pista, que será de uso gratuíto, esté dispoñible para o xogo no mes de outubro. Dende o Concello precisaron que a nova instalación deportiva funcionará a través dun club de pádel que xa se está organizando no municipio.
As obras custeáronse a través dun convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte, cun importe de 25.000 euros.
Deste xeito, o Concello vén de ampliar a carta de servizos deportivos que xa ofrecía á veciñanza a través do ximnasio municipal, que tamén é de uso gratuíto.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio