Crónica del sur de Lugo

Arranca o Outono Fotográfico de Chantada, con tres exposicións, un curso de fotografía dixital e o tradicional concurso

A exposición “Macros do Entorno”, de Susana Arias, inaugura esta edición do Outono Fotográfico da Casa da Xuventude. CXC

O outono é tempo de fotografía en Chantada, para os que gustan de buscar bos encadres como dos que desfrutan coa contemplación das instantáneas. A Casa da Xuventude vén de poñer en marcha unha nova edición do Outono Fotográfico, que contará con tres exposicións, un curso de fotografía dixital con Photoshop, e o tradicional concurso.

EXPOSICIÓNS DE SUSANA ARIAS E TAMARA LEBÓN
O espazo expositivo da Casa da Xuventude está ocupado, dende o 12 de setembro, pola mostra “Macros do Entorno”, asinada por Susana Arias González, e que pode verse ata o 11 de outubro. A segunda exposición, “Equus”, con traballos de Tamara Lebón Sánchez, estará aberta do 16 de outubro ao 15 de novembro.
A derradeira mostra do centro chantadino acollerá todos os traballos presentados ao Concurso do Outono Fotográfico, cunha mostra dende o 20 de novembro ao 20 de decembro.

Ademais, a Casa da Xuventude de Chantada ten aberto ata o 18 de novembro o prazo para enviar traballos ao Concurso Outono Fotográfico 2019. Todas as persoas que o desexen poden participar, con tema libre e entre 2 e 4 fotografías, que deberán ser inéditas e orixinais. En canto ao formato, acéptanse fotos en cor ou en branco e negro, aínda que o tamaño mínimo debe ser, en todo caso, de 18 x 24 cms. Todas as fotografías deberán levar un título.
Presentaranse en sobre pechado con lema, cunha plica indicando os datos persoais e de contacto.

TROFEO Á MELLOR FOTO SOBRE CRUCEIROS
Este ano, o premio especial centrarase na fotografía de cruceiros, cun único trofeo para a mellor imaxe sobre este tema. Para a convocatoria de tema libre, haberá tres premios. O primeiro será unha cámara fotográfica dixital, o segundo unha tableta, e o terceiro unha memoria USB.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio