Crónica del sur de Lugo

Acordo entre a Xunta e o Concello do Incio para reforzar a loita contra a velutina

A Xunta cedeu dous equipos de protección individual e unha pértega ao Concello do Incio. GPCI

O Incio contará con novas ferramentas para loitar contra a avespa velutina, logo do acordos suscrito entre o Concello e a Xunta dentro do Plan de vixilancia e control desta especie en Galicia. Deste xeito, a Xunta cede ao municipio dous equipos de protección individual e unha pértega, ademais dos materiais accesorios para as labores de retirada dos niños das avespas.
Cada equipo consta dun traxe de dobre capa, carapucha de rexilla plástica, casco homologado con viseira, luvas e polainas.

COLABORACIÓN
No acordo, a Xunta aporta os equipamentos, mentres que os concellos adheridos ao Plan deben achegar o persoal, e asumir as tarefas de supervisión necesarias para o uso eficiente destes equipos.
O acordo suscribiuno o alcaldo Incio, Héctor Corujo, e o conselleiro do Medio Rural, José González. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio