Crónica del sur de Lugo

A Deputación activa o dispositivo de seguridade ante a alerta por tormentas

Foto de arquivo dunha estrada provincial logo de intensas chuvias. (Foto cedida).

Na mañá do 17 de setembro, a Deputación vén de activar un dispositivo especial de seguridade na rede de estradas provinciais, debido á alerta meteorolóxica por intensas chuvias, sarabias e fortes tormentas. Segundo explicou o presidente provincial, José Tomé, responsable tamén da área de Xestión Territorial, o dispositivo cubre a zona centro, sur e a Montaña ata a noite do mesmo día 17, momento no que está previsto desactivar a alerta.
O dispositivo especial está integrado por 48 operarios, 20 máquinas pesadas e oito vehículos con material lixeiro, para atender todas as incidencias, e poder manter as vías provinciais en boas condicións para o tráfico. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

Ir a Inicio