Crónica del sur de Lugo

Adxudicada por máis de medio millón a conservación de estradas provinciais da zona sur

•Os traballos en viais de 9 concellos supoñen un investimento de 584.330 euros en tres anualidades

Estas adxudicacións teñen unha vixencia de tres anos para cada lote de estradas. (Foto cedida).

O 13 de setembro, a Xunta de Goberno da Deputación adxudicou os traballos de conservación das estradas do sur de Lugo, ao seu paso por nove concellos.
O importe, que abrangue o periodo de 2019-2021, supón un investimento de 584.330 euros para o mantemento das estradas provinciais nos municipios de Monforte de Lemos, Bóveda, Pobra de Brollón, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.

TAMÉN NA MONTAÑA E E NA COMARCA DE SARRIA
Segundo explicou o presidente da Deputación, José Tomé, o organismo provincial adxudicou este mes cinco dos oito lotes nos que está dividido o servizo de conservación. Deste xeito, son 42 os concellos que se beneficiarán desta medida, á que o organismo provincial adica 3,2 millóns de euros nos próximos tres anos.
As comarcas de Lemos e Chantada integran o lote oitavo. O Páramo, Sarria e Paradela inclúense no lote cuarto, xunto a outros oito concellos, cun importe de adxudicación de 605.000 euros. Así mesmo, tamén se adxudicou o lote sétimo, por 587.701 euros, para as estradas provinciais de Folgoso, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga e Ribas de Sil.
A Deputación tiña licitado o ano pasado o conxunto dos oito lotes, por un global de 6,4 millóns para as tres anualidades. O mandatario provincial salientou como “prioridade deste Goberno” a mellora das comunicacións, “porque son necesarias para garantir a igualdade de oportunidades”. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio