Crónica del sur de Lugo

O IES A Pinguela estrea un novo ciclo superior de FP Dual en Estilismo e Dirección de Peiteado

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou as instalacións do IES A Pinguela, acompañado polo director do centro, Enrique Sampil, e a voceira do PP monfortino, Katharinie Varela, o 12 de setembro. GPXG

Un total de 13 alumnos xa están matriculados no novo ciclo superior de FP Dual en Estilismo e Dirección de Peiteado, que este curso estrea o IES A Pinguela de Monforte con 17 prazas.

FORMACIÓN E TRABALLO REMUNERADO NA FP DUAL
O sistema dual permitirá ao alumnado formarse academicamente e, ao mesmo tempo, desenvolver unha actividade laboral vinculada a esta especialidade nunha decena de empresas colaboradoras. Durante o tempo que estean traballando en ditas empresas, os alumnos recibirán unha remuneración económica.
Os inscritos no ciclo superior de Estilismo e Dirección de Peiteado aprenderán a dirixir e supervisar servizos de peiteado, a planificar e realizar tratamentos capilares estéticos, e deseñar estilimos de cambio de imaxe, tendo en conta criterios de seguridade, calidade, respecto polo medio ambiente e deseño universal.
Ademais desta modalide formativa, o IES A Pinguela ofrece este curso outros oito ciclos de Formación Profesional. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio